Por que Transformación Social?

A Transformación Social non é só un concepto, é o corazón da nosa identidade calasancia. Resúmese perfectamente no noso lema: "Piedade e Letras". A "Piedade", para nós, significa ese amor comprometido coa comunidade da que formamos parte. As "Letras", pola súa banda, representan a nosa acción docente, a educación en si mesma.

Desde o Departamento de Acción Social, esforzámonos por atopar solucións, dentro das nosas posibilidades e funcións, aos problemas de vulnerabilidade que poidan xurdir na nosa Comunidade Educativa dos Escolapios de Monforte de Lemos. É o noso xeito de vivir a "Piedade" cada día.

Banco de uniformes: Un apoio para as familias

No Colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos, contamos cun banco de uniformes solidario. Este servizo é posible grazas ás doazóns das familias cando os uniformes ou chándales dos seus fillos xa non lles serven. É unha iniciativa que fomenta a sostibilidade e a solidariedade na nosa comunidade.

Como solicitar pezas do uniforme

Se necesitas roupa do uniforme ou do chándal, podes solicitala de xeito sinxelo:

  1. Cubre a instancia dispoñible na Secretaría do centro.

  2. Presenta a seguinte documentación:

    • Certificado de convivencia.

    • Renda do último ano.

Unha vez recibida a túa solicitude, o noso Departamento de Acción Social poñerase en contacto contigo


Bolsas e Axudas de Comedor: Apoio para as Familias

No Colexio dos Escolapios, comprometémonos a apoiar ás nosas familias para garantir que ningún neno ou nena quede sen acceso á educación e aos servizos esenciais, como o comedor. 

Para iso, dispoñemos de dous programas de axuda:

1. Programa de Bolsas Itaka-Escolapios

Este programa está dirixido especificamente a familias con escasos ou nulos recursos económicos, como aquelas en situación de desemprego de longa duración ou que perciben rendas mínimas de inserción. Busca ofrecer un apoio substancial para garantir a continuidade educativa e o acceso ao comedor nestes casos de maior vulnerabilidade.

2. Programa de Axudas do Colexio

Pensado para familias con recursos moi limitados, cuxos ingresos non alcanzan o salario mínimo interprofesional. Este programa ofrece un respaldo para aliviar a carga económica e asegurar que os nenos e nenas poidan beneficiarse do servizo de comedor do centro.

Documentación Requerida para Ambos os Programas

Para solicitar calquera destas axudas, é necesario presentar a seguinte documentación:

  • Certificado de convivencia.

  • Declaración da renda do último ano fiscal.

  • Entrevista coa coordinadora de Transformación Social para valorar a situación familiar de maneira personalizada.

Importante: Non se concederán bolsas nin axudas a aquelas familias que teñan débedas pendentes co colexio de cursos anteriores.

O noso obxectivo é traballar xuntos para que todos os membros da nosa comunidade escolar teñan as mesmas oportunidades.


As Nosas Campañas de Solidariedade Anuais

Na comunidade dos Escolapios de Monforte de Lemos, a solidariedade é un piar fundamental que vivimos intensamente ao longo do curso. Cada ano, organizamos tres grandes campañas para conectar e apoiar a quen máis o necesita, tanto na nosa contorna coma fóra:

1º Trimestre: Nadal Solidario

Durante o Nadal, a nosa axuda chega a través de dúas iniciativas:

  • Operación Quilo: Dirixida ao alumnado de Infantil e Primaria, recollendo alimentos non perecedoiros para as familias máis vulnerables.

  • Operación Xoguete: Centrada no alumnado de ESO, para que ningún neno ou nena quede sen a ilusión dun agasallo.

Estas campañas realízanse en estreita colaboración con Cáritas e Cruz Vermella, asegurando que a nosa axuda chegue a quen máis o precisa aquí en Monforte.


2º Trimestre: Operación Bocata

A Operación Bocata é un dos momentos máis especiais do ano. Un día, toda a comunidade educativa –alumnado, familias, profesorado, ex-alumnos e calquera que se queira unir– compartimos un bocadillo solidario no colexio. O obxectivo é recadar fondos para a bolsa solidaria de Escolapios Betania, que financia as axudas de comedor escolar para o curso seguinte no noso propio centro. 

É un xesto sinxelo que se traduce en moitas comidas solidarias. 


3º Trimestre: Festa Solidaria de Fin de Curso

Para pechar o curso, celebramos unha gran festa solidaria chea de actividades, inchables, música e competicións deportivas. Todo o recadado neste evento destínase á Fundación Itaka-Escolapios, apoiando os seus proxectos en colexios que afrontan grandes dificultades en países como:  República Democrática do Congo, Indonesia ou diversas zonas de Iberoamérica. É a nosa forma de tender a man máis alá das nosas fronteiras, compartindo esperanza e futuro.


Estas campañas son unha oportunidade fantástica para que toda a familia Escolapia mostre o seu compromiso coa Transformación Social e co lema "Piedade e Letras".

Axudas XUNTA DE GALICIA

PROGRAMA DE APOIO Á NATALIDADE /TARXETA BENVIDA

https://politicasocial.xunta.gal/es/temas/familia-e-infancia


PROXECTO DE APRENDIZAXE-SERVIZO

É un proxecto de aprendizaje na entrega e axuda aos demais, introdúcese dentro das diferentes materias e no noso cole está comezando a través de actividades concretas como:

- Profes por un día

- Visita ao asilo

VOLUNTARIOS

QUERES PARTICIPAR NO NOSO GRUPO? COLABORA CON NÓS (contacta co Departamento a través de Ainhoa - Infantil, Noemí - Primaria, Rocío Rodríguez ou Rosa Roca - Secundaria)

Se eres pai, nai, avo, avoa, alumno-a ou ex alumno-a do noso cole ou calquera persoa con interés en axudar aos demáis, podes participar con nós no Departamento de Transformación Social. 

EQUIPO DE TRANSFORMACIÓN SOCIAL XUVENIL 25/26


ENTIDADES COLABORADORAS COAS NOSAS CAMPAÑAS

- FUNDACIÓN NOSA SEÑORA DA ANTIGA 

- Autobuses VILA

- Club deportivo Calasancio

- Anpa - Asociación de Nais e Pais 

 - Autobuses Sánchez

- CCU - Centro Comercial Urbán

- MERCADONA Monforte

- Pastelería el Parque

- A&N

- Dos Pies Zapatería

- Sapitos y Sirenas moda infantil

- Náyades

- Clínica de Fisioterapia Anxo R. V.

- Cafés de Sofá

- Centro de Fisioterapia ULTREIA

- Optinova

- Texnyshop

- Nuestros Peludos

- Farmacia Buitrón

- Óptica Lemos

- Inter Sport

- Imprenta Santolhao Digital

- Centro de Fisioterapia Mary Gómez

- Prince´s Peluquería

- Adegas Guímaro

- Club Rítmica Kendra

- Mundo Fesport

- Empresa Gallego

- Peluquería Glamour


Contacta aquí

Escríbenos a: 

social.monforte@escolapiosbetania.es


Llámanos

982400450 

©RGROCA 2019 -2025 DAS ESCOLAPIOS MONFORTE C/ Compañía 50 Monforte de Lemos 27400
Creado con Webnode
CREADO CON WEBNODE ¿Te gusta esta página web? La tuya puede estar online hoy mismo. ¿Te gusta esta página web? La tuya puede estar online hoy mismo. Describe tu idea y la IA creará el primer borrador. Sin programar y gratis al empezar.